Requisitos
De acordo coas normativas de prácticas curriculares do Grao en Química, para realizar prácticas externas curriculares o estudantado debe cumprir os seguintes requisitos:
- Estar matriculado na materia correspondente do plan de estudos vixente do Grao en Química.
- Superar un mínimo de 165 créditos do plan de estudos no momento de formalizar a práctica.
- Ter o compromiso da entidade colaboradora onde realizará as prácticas de acordo co establecido no artigo 5 da normativa da Facultade de Química.
O procedemento para desenvolver prácticas externas así como para o recoñecemento de prácticas extracurriculares están recollidos en detalle na Normativa de prácticas externas do Grao en Química.
Información relevante
A facultade anima aos estudantes do Grao en Química a que tomen a iniciativa de pórse en contacto con aquelas empresas nas que teñan interese en realizar prácticas e que se propoñan como candidatos. Ao elexir as empresas da acordo coas súas preferencias, os estudantes estarán máis motivados durante a realización das prácticas.
O procedemento para que os estudantes propoñan as súas propias prácticas é o seguinte:
O estudantado debe escoller unha empresa para facer prácticas de acordo coas súas preferencias, por exemplo, tendo en conta o sector da industria química ao que pertence a empresa ou a localidade na que se atopa.
No seguinte enlace inclúese unha lista orientativa de empresas de distintos sectores que pode facilitar a búsqueda dunha empresa onde realizar prácticas:
Breve listaxe de empresas do sector químico
O seguinte enlace permite acceder a un buscador dos convenios vixentes entre a Universidade de Vigo e empresas e/ou institucións onde levar a cabo prácticas:
Se algún estudante ten interés nunha empresa ou localidad que non se atope nesta lista, no decanato da Facultade está dispoñible un catálogo detallado de empresas do sector químico de Galicia clasificadas por actividade ou localidade.
O estudantado debe preparar o seu CV e redactar unha carta de presentación especialmente dirixida á empresa elexida. Para a preparación destes documentos, o estudantado pode acudir a Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo, que é o servizo de orientación laboral da Universidade, onde se lle prestará apoio nestas tarefas e asesoramento ante calquera dúbida.
Nos seguintes enlaces inclúense uns modelos orientativos de curriculum vitae e de carta de presentación así como unhas recomendacións xerais para a redacción dos mesmos elaboradas por EURES, o portal europeo da mobilidade profesional:
O estudantado debe contactar co servizo de recursos humanos da empresa elixida para comunicar o seu interese en realizar prácticas e entregar o CV e a carta de presentación. Neste punto tamén é convinte solicitar unha entrevista co responsable de recursos humanos. En caso de ser necesario, poden solicitar axuda no decanato da Facultade para contactar coa empresa.
De ser necesario, unha vez que o estudantado sexa admitido nunha empresa para a que non existe convenio coa Universidade debe poñerse en contacto co decanato da Facultade para levar a cabo os trámites necesarios para poder facer prácticas na empresa da súa elección.
Tramitación de prácticas curriculares
Información práctica para estudantes e titores
Neste documento inclúese a información práctica para que os estudantes e titores da Facultade de Química tramiten a documentación das prácticas curriculares